Historia

Publicado o xoves 10 xaneiro 2008

É unha zona chea de tradición xa que as súas terras estiveron poboadas dende tempos inmemoriais. Algún estudioso sostivo a teoría de que nesta zona estivo ubicada a capital do reino Zoela, tribo de orixe celta, situando ésta en Oselle (Ocellum Galaicorum). Pero quizais sexa a existencia dos castros a mellor testemuña de que estas terras estiveron poboadas en tempos anteriores ós romanos. O liño dos zoelas tiña moita sona en Roma, empregabano tanto para a confección de roupas (traxes especiais dos emperadores e patricios) como para curar chagas ou feridas. En Zoela houbo unha fábrica de papel, alá polos anos 1074. Fabricábase papel a partires do liño, como en Játiva (a primeira de Hispania) e Tarragona.  Na actualidade ninguén cultiva liño ainda que na comarca conservanse teas, asi como os útiles que empregaban na súa elaboración.
 

    Outra característica importante é o emprazamento do territorio, localizado no sector oriental da provincia de Lugo, o que supón que esta vila foi, e é, un lugar de paso obrigado dende Galicia á Meseta, o que supón que por aquí transitarían noutros tempos todo tipo de xentes, sen esquencer que discorría a Vía XIX que unía Astorga con Braga.
 

    Da época da reconquista, sinalar que, o mosteiro de bernardos de Santa Maria de Penamaior xa existía, pese a que en moitos documentos aparece datado no século XII, sendo o único cenobio galego filial do francés de Citeaus. Cabe mencionar tamén que durante a Guerra da Independencia houbo enfrentamentos entre guerrilleiros locais e o exercito invasor; asi no ano 1809, cerca da ponte sobre o rio Cruzul, os becerrenses lograron apoderarse de numeroso arsenal bélico francés.

    Os eixos de comunicación máis importantes son a carretera N-VI Madrid - A Coruña, que atravesa o término de Becerreá de Este a Oeste e conferelle unha valiosa accesibilidade a Lugo capital (42 Kilómetros), e la comarcal de Becerreá a Ventes de Narón.

Vestixios arqueolóxicos da zona: Cova de Os Penedos (Fraiás, San Pedro); Castro de Castelo (Castro de Ouro, O Salvador); Castro de Guilfrei (Galgao, San Martiño); Castro de Guillén (Goás, San Pedro); Sepulcros medievales (Lagoa, San Vicente).

 
DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
 

    Con un terreo moi accidentado, grandes desniveis e un aumento de altitude de Este a Oeste, forma parte da Montaña Lucense, enmarcándose no conxunto que forma a Serra de Os Ancares. Diferencianse dúas unidades de relieve: por un lado, un conxunto de serras en límite occidental, que superan os mil metros (Serra de Calamouco con Pico Lago a 1045 m, Serra de Pena do Pico, 1182 m, etc.); por outro, os profundos vales escavados polo rio Navia e, entre ambas, colinas onduladas de suave topografía.

    O clima, variedade continental do oceánico, está determinado pola altura, con acusados contrastes estacionais. Os invernos son fríos e rigurosos, con neve de decembro a marzo.

    O principal cauce fluvial é o río Navia, cuxos afluentes rondan, no seu nacemento, os mil metros de altitude: Bullán, Savilleira, Dousal e Calamouco pola esquerda e, pola dereita, Martín e Narón. O bosque clímax  -castiñeiros e carballos- mantense nun 50%, preferentemente nas zonas cercanas a cursos fluviais. O espazo restante é pinar de repoblación, predominando o matorral nas áreas máis montuosas.

 

 
ANÁLISIS SOCIOECONÓMICO
 

    A traxectoria municipal foi un continuo despoboamento. O total de población do concello é de 4126 habitantes, de los que máis do 25% se concentran en Becerreá capital. A densidade media municipal é tan só de 23,80 habitantes/Km2, debido a un medio natural hostil, e de 0,65 entidades/Km2 é a densidade de poblamento, por debaixo da media provincial (1,013 entidades/Km2). A causa de esta dinámica demográfica radica no forte éxodo rural e a emigración, acentuada na década dos sesenta, e evidenciase nun crecemento vexetativo netamente negativo (-4,2 por mil en el período 1981-85), e un elevado índice de envellecemento.

    A distribución da población activa por sectores reflexa unha economía de base agraria forestal. O primario ocupa ó 80,7%, feito que contrasta col reducido valor de espacio cultivado, tan só o 7,76% da superficie total, ocupado polo policultivo de montaña. Os prados e pastos supoñen o 11,37% sendo o espacio forestal o 77,03%, que aporta unha considerable riqueza madereira e gran beleza paisaxística.

    Sobre estructuras minifundistas, as salidas masivas de población induciron a unha reorganización agraria: descendeu o número de explotacions e intensificouse a dedicación gandeira. O 50% da importante cabaña bovina é de aptitud láctea, destacando tamén a raza rubia galega.

    Madeira e gando son os dous pilares nos que se sustenta a escasa industria local (fabricación de pensos, aserradeiros e derivados da madeira), que emplea a un reducido porcentaxe de activos.

    A condición de cabeceira de Partido Xudicial e centro comercial da comarca, fortalecieu o núcleo urbano en dotacións de servicios para satisfacer as demandas básicas da poboación, vertebrándose así una mínima infraestructura familiar e pouca especialización. As feiras, que se celebran en Becerreá os días 3 y 19 de cada mes, constitúen un lugar de relación social e de intercambios económicos.

    A xente da parroquia adícase básicamente á ganadería, aínda que a maioría ten algún traballo fóra, en Becerreá ou en Lugo. De feito en Becerreá alguns o Cuatro Caminos pertence a xente da parroquia.

    No 2002 o número total de explotacións gandeiras da parroquia era de 27, cun total de 501 vacas das que 212 eran de leite e 289 de carne. O numero medio de vacas por explotacion é de 19.

 

.

CULTURA, MONUMENTOS E TURISMO
 

    Paisaxísticamente son moitos os rincóns nos que pode disfrutarse da beleza do bosque e do atractivo dos cursos fluviais de altura que hay no municipio. Becerreá é -como se dixo- punto de partida para adentrarse na Serra de Os Ancares. Desde Cereixal podese subir ata a cima da Serra Pena do Pico, parroquia de Vilouta, desde donde se contempla un precioso panorama. Ademáis conta con un precioso castro e cas covas de Saballeiros, que son tres, cada una de distinto tamaño, que se atopan no monte do mesmo nome, no oeste do pobo. Créese que alí en tiempos primitivos habitou xente. De feito na cova máis grande entrase perfectamente de pé e o fondo pasa un río que en invierno chega a sulagar a cova.

    A pesca fluvial é un recurso interesante que pode practicarse nos múltiples ríos e regatos municipais. Existen cotos troiteiros no río Navia -entre a presa da central de Hortas e Pontes de Gatín- e no Cancelada, en este último lugar.

    A maioría das construccións arquitectónicas relixiosas foron comezadas sobre os séculos XV e XVI pero moitas delas foron modificadas ou reconstruídas en épocas posteriores. As igrexas clasifícanse dentro da mesma tipoloxía arquitectónica: son templos rurais de pequenas dimensións, rectangulares e con planta normalmente de salón. Así son entre outros os templos de Fontarón, Vilouta ou Furco, e as igrexas de Guilfrei e San Pedro de Tortes, en Eixibrón. É testemuña arquitectónica da presencia do pasado a casa grande de Valcarce, que case se encontra hoxe no seu estado orixinario, conservando na súa fachada o escudo cos blacóns. Cóntase que este escudo ou pedra de armas é dos Díaz de Quiroga y Balboa, uno de cuxos antergos estivo na batalla de Las Navas de Tolosa e foi distinguido polo rey Alfonso en 1332(as estacas son as de Quiroga). Non se  sabe se despois pasou á casa a algún Valcarce.

    A igrexa de Guilfrei data de mediados do século XVI, consta de tres naves con unha soa cuberta a duas augas. Na súa parte central ten unha cúpula con linterna, e no seu interior existen pinturas do século XVI.

    En Penamaior, ó pe da Serra Pena do Pico, nun entorno de gran beleza, conservase una iglesia con toda a súa fábrica románica, con rica ornamentación, un curioso ábside central, e restos do antigo monasterio do Cister (siglo XII).

    Tamén románica, de unha sola nave, é a iglesia de Oselle, que ostenta unha sinsela ornamentación e está construida, casi exclusivamente, en pizarra do país.

    En Liber, ademáis do ábside románico da súa iglesia, está a ponte gótica de Pontes de Gatín, que forma unha fermosa estampa sobre o río Navia. Esta ponte  é coñecida polos do lugar como "A Ponte do Demo", nome que fai referencia á lenda da súa construcción (véxase a sección de "Leyendas"). Se se ten en conta o desnivel orográfico de montañas e pequenos vales, compréndese a importancia das pontes e viaductos no municipio. Outra ponte emblemática da zona é a de Cruzul, cunha historia chea tamén de lenda. Construíuse en tempos de Carlos III e nos seus arredores escribíuse un capítulo máis da historia da invasión francesa e inglesa ó longo da Guerra da Independencia, a comezos do século XIX. Pero o progreso e os avances da técnica fixeron que estas pontes quedaran en desuso ou relegados a un tráfico máis reducido de ámbito local, polo que a mediados da década dos oitenta se construíu o viaducto da Porteliña, símbolo da modernidade no municipio e emblema da arquitectura actual.

    A artesanía do liño, antes florecente, perdeuse.

 

FESTAS

    Son días especialmente importantes para os habitantes desta zona de alta montaña o 3 e o 19 de cada mes por se celebrar nesas datas as feiras de Becerreá, que son punto de encontro, esparexemento e de compra-venda de gando vacún, porcino, ovino e cabrún, sendo este o mercado gandeiro máis importante da montaña luguesa.

    As festas de Guilfrei son:

  • O 20 de Xaneiro: S. Sebastián, q se soe celebrar facendo unha fogueira a noite anterior, a do 19.

  • No mes de Xuño: o Corpus Christi

  • A patroa: Sta. Eulalia é o 10 de Decembro.

    En Narón celebrase o S. Benedicto o primeiro domingo de Xuño.

    As festas de Guilfrei celebráronse por última vez en 2007 e as de Narón haberá uns 15 anos.

    A nivel gastronómico o visitante pode degusta-los productos típicos da montaña e outros tan característicos das feiras galegas coma o polbo á galega, os callos con garavanzos e a empanada de carne.


    Entre aqueles productos típicos destas terras temos que destaca-los que teñen como compoñente básico o porco. Son os "botelos", chourizos, lacón con grelos, zorza, filloas e para rematar nada mellor ca un flan, unha torta, unhas cremas caseiras ou o afamado queixo destas terras, o do Cebreiro, de elaboración tradicional e con Denominación de Orixe. Todo isto mollado cun bo viño do Ribeiro, que a pesar de que este concello non é zona de viño, conta con bos viños traídos principalmente da zona dos Peares, Pantón e Quiroga.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado