Datos de interese

Publicado o luns 07 xaneiro 2008

Comarca: Os Ancares
Concello:
Becerreá.
Distancia á capital de provincia:
52 Km.
Parroquia :
Guilfrei (Santa Eulalia)
Superficie :
10'32 km2.
Latitude :
42 º 48'
Lonxitude :
7º 12'
Lugares :
A Penela, Barrio de Abaixo, O Campelo, Guilfrei, Narón.



CÓMO CHEGAR


Ver mapa más grande


A 10 kilómetros de Becerreá, (Lugo) e a outros tantos de Triacastela (por onde discorre o Camiño de Santiago) , no corazón das serras orientais da provincia de Lugo, encóntrase a Parroquia de Guilfrei. Está a 800 metros sobre o nivel do mar, nunha zona bastante accidentada, apreciándose unha gradual altitude do terreo de leste a oeste. Pertence ó arciprestazgo de Ferreiros de Balboa, e limita cos términos parroquiais de Armesto ó Norte, ó Sur con Toldaos (Triacastela) e Torés (As Nogais), Ferreiros de Balboa polo Este e Vilouzán (Láncara) polo Oeste. A parroquia está formada polas aldeas de Sancido, Guilfrey e Narón, aínda que Sancido actualmente é tan só unha casa. Guilfrei ten 45 casas, 154 habitantes e unha densidad media de17´2 hab./km2 en 2003. En Narón hay 17 casas e unha media de 60 habitantes.

    Entre as aldeas de Guilfrei e Narón encóntrase a escola da parroquia, cerrada dende o ano 2005.

    Hay outro Camiño de Santiago tamén moi próximo a Guilfrei a parte do tradicional Francés. Parte de Fonfría e transcurre por Lamas de Biduedo-Torés- Ferreiros de Balboa-Tortes-Penamaior-Constantín- Baralla-Lugo (donde enlaza con el Camiño Primitivo).






os comentarios foron deshabilitados.