IV Enduro Concello de Becerreá Porta dos Ancares
Publicado o xoves 02 decembro 2010
CONVOCÁMOSVOS a participar con POEMAS (máximo 50 versos) e/ou RELATOS (máximo 5 folios por unha soa cara a dobre espazo). A data límite de presentación remata o martes 23 de decembro de 2010. Os escritos debedes envialos anónimos, sinalando a CATEGORÍA na que participades (INFANTIL: de 8 a 14 anos. XUVENIL: DE 14 A 18 anos. ADULTO: máis de 18 anos) e a MODALIDADE (POESÍA e/ou RELATO), acompañados dun sobre pechado dentro do cal vaian os datos da/o autor/a (nome e apelidos, currículum, enderezo e teléfono). Isto debedes envialo ou entregalo en: | ![]() |
O vindeiro día 7 de decembro de 2010 celebrarase en Becerreá a III Xornada de exaltación dos productos do noso Mar na Montaña Lucense
PROGRAMA:
18:00 HORAS: APERTURA DA FESTA NO PAVILLÓN MULTIUSOS DO MERCADO GANDEIRO
19:00 HORAS: RECEPCIÓN DE AUTORIDADES
19:15 HORAS: COMENZO DA DEGUSTACIÓN
21:00 HORAS: FESTA CUN GRUPO MUSICAL
01:00 HORAS: REMATE DA XORNADA
Durante o día os bares e restaurantes da Vila de Becerreá ofrecerán tapas e menús con distintas recetas de mexillón.
No Recinto Feiral haberá un hinchable gratuíto para os máis pequenos.