6º aniversario

Publicado o venres 21 novembro 2008

Hoxe cumprese o 6º aniversario da web, e para celebralo pois vou deixar un video que me recomendou o outro dia Rosiña. E de Carlos Baute e Marta Sanchez e chámase "Colgado en tus manaos".

Coma sempre, quero dar as gracias a toda a xente que colabora na web e a visita dende hai xa tanto tempo. Moitas gracias a todos.



Bikos!

Por unha informatica digna.

Publicado o mércores 19 novembro 2008

O 19 de Novembro convocouse unha folga a nivel nacional para reclamar as atribucións que desde hai mais de 20 ano se nos veñen negando os Enxeñeiros Informáticos. Aqui vos deixo o manifesto que se leu diante da Delegación do Goberno despois de unha manifestación na que tan só na cidade da Coruña acudiron mais de 2000 persoas:



A Informática está presente en practicamente todos os ámbitos da nosa sociedade, incluso na nosa vida diaria. A información en formato dixital, a automatización do seu tratamento, o acceso e almacenamento de enormes cantidades de información de forma automática, a creación constante de hardware más potente ou de menor tamaño e a creación de software para dotar de novas habilidades no ámbito social ou profesional supuxo unha transformación completa da sociedade.

É no ano 1990 cando se aproban as titulacións de Enxeñería e Enxeñaría Técnica en Informática. Ademais, desde 1986 existe unha lei que continua vixente, a Lei 12/1986, de 1 de abril, sobre regulación das Atribucións de Arquitectos e Enxeñeiros Técnicos, que reflicte a obriga de asignarlle atribucións profesionais a todas as Enxeñerías Técnicas, así como a obriga de regular as profesións ás que daban acceso as titulacións de segundo ciclo, polo que debería ser aplicada á Enxeñería en Informática.

No momento actual de adaptación ao EEES, as nosas titulacións quedaron fóra das fichas nas que se incluían as competencias de todas as profesións reguladas, o que supón un agravio comparativo das Enxeñerías en Informática con respecto ás demais. A ausencia destas fichas implica a desregulación dos estudos en Informática, podéndose dar o caso de que o futuro grao en Informática que, por exemplo, se curse en A Coruña pouco ou nada teña a ver co que se curse noutra universidade do Estado.

Así pois, reclamamos:

1- A regulación da profesión de Enxeñeiro e Enxeñeiro Técnico en Informática para a súa equiparación co resto de Enxeñarías.

2- Esiximos que o Ministerio competente saque as fichas competenciais das titulacións en Enxeñerías en Informática.

El Concello de Becerreá ya tramitó la liquidación de ayudas concedidas por Innovación y Medio Rural

Publicado o sabado 08 novembro 2008

Fuente: La Voz de Galicia (7/11/2008)
La junta de gobierno del Concello de Becerreá aprobó en su última sesión las cuentas justificativas correspondientes a varias subvenciones que habían sido concedidas por las consellerías de Innovación y de Medio Rural. De la primera justificó tres ayudas para mejoras en las instalaciones eléctricas en tres depuradoras. En concreto, de 1.472 euros para la de Guilfrei; 748 para la de Narón y 4.952 para la de Morcelle[ Máis ]

El Concello de Becerreá anunció nuevos servicios gratuitos y actividades para el presente ejercicio

Publicado o mércores 05 novembro 2008

Fuente: La Voz de Galicia(5/11/2008)
El Concello de Becerreá anunció varias actividades que desarrollará desde estos días hasta final de año. También puso en marcha algunos servicios nuevos, entre ellos uno de podología que será gratuito para los pensionistas, según un bando publicado por el alcalde, Manuel Martínez Núñez.[ Máis ]

como nova!

Publicado o mércores 29 outubro 2008

Aquí vos deixo sete documento gráfico que me enviaron para ensinarvos que foi arranxada a marquesina na que tantas horas pasamos ó longo da fin de semana.

Colocaronlle un par de paneles de cristal que nos virán ven para refuxiarnos do frío ahora que ven o inverno!!

E por certo que xa están caendo as primeiras neves na zona... non en Guilfrei pero no Poio e por ahí xa empeza a haber algo...

Tamén quería deixarvos unha noticia, e é que foi atropealdo un oso na A6 cerca de Piedrafita por un camion, podedes consultar a nova aquí.

E nada, un pouquiño de  música para despedirme, esta vez de Deluxe, un proxecto do galego Xoel López, que ten novo disco "Reconstrucción" e unha das cancións que mais me gusta é esta: Historia universal (el amor no es lo que piensas). Tede en conta que é unha version en directo... 

Saúdos!!





E ti que “galego” falas ??

Publicado o venres 24 outubro 2008

Aqui vos deixo un interesante artículo que me pasaron sobre os diferentes tipos de galego que se falan[ Máis ]

por que somos infieis? son mais infieis as mulleres que os homes?

Publicado o martes 21 outubro 2008

Un domingo ahí atrás tivemos unha conversa moi interesante sobre a infidelidade, e pedíronme que buscase datos sobre o tema.. pois aki vai un articulo moi interesante que atopei. Espero que vos axuden a disipar estas dúbidas jejeje[ Máis ]

"finde rural"

Publicado o xoves 16 outubro 2008

"finde rural", estas foron as palabras de txoly, o domingo de regreso a coruña (bueno, realmente xa era luns proq era case a 1 da maña...), e é que este finde a pesar de haber ido ó san froilan pois tamen fixemos algunha excursion por ahi que case foi o mellor.
O viernes fomos ver á louca de Pastora, que non cantou ningunha das 2 cancións que mais me molan (bueno, non as cantou desde que cheguei eu, supoño que antes si) e ainda encima fixonos bailar a de "no me llames dolores llamame lola..." cousa que tiña xurado mil veces non facer porq cancion que odiase coma esa.. poucas.

O mellor do concierto foi o seu pedazo de vestido azul, e o descubrimento do se ultimo diso "Circuitos de lujo" que está bastante ben.

O sábado tou batan relax, excursión pola tarde e Sarria pola noite.. sen novidades. E o domingo tamen algo de excursion e ver a Melendi, que abarrotou a praza do seminario.

As poucas fotos que fixen están na sua seccion ("san froilan"). Aproveitarei a falta de noticias dos proximos dias para publicar o xa mitificado reportaxe sobre a infidelidade.. paciencia...

E bueno, pa despedir... video de Pastora, que o Melendi xa esta moi visto

San Froilán

Publicado o luns 29 setembro 2008

Un ano mais chegou o san froilan, e se non hai novidade algún dia me pasarei... aqui vos deixo unha lista dos concertos pa que lle botedes un ollo. Hai varios interesantes...[ Máis ]

Valenciaaaa

Publicado o venres 26 setembro 2008

Pois nada, xa tocou volver das vacacions.. unha desgracia coma outra calquera.. pa 5 días que me tocan...  pero bueno, pasamolo ben que é o que importa.

Aqui vos deixo unha foto con Iri, Nuria, e as suas amigas de diferentes nacionalidades: francesa e portuguesa-venezolana, moi majas todas. Como nos dixeron os unicos 2 tios valencianos q coñecemos: parecedes unha ong.

Uns dias mais tarde veu tamen Sonya que se celou claro, jejeje.

Unha seleccion de fotos queda na galería de Setembro, e moitas gracias a Nuri por acollernos!! A ver se nos vemos pronto.

Bikis!

Plataforma para a prestación de servizos de e- Administración a través da TDT

Publicado o sabado 20 setembro 2008

Onte presentei o proxecto de fin de carreira... Poucas veces estiven tan nerviosa, e é que din que é un dos mellores momentos da miña vida, e q o recordarei sempre... Supoño que si (sobre todo por levar un 10, fenómeno que ó longo da carreira non se da moitas veces). Así que bueno, chegou o fin de unha época, o momento de deixar  a FIC e incorporarse o mundo laboral... vou botar moito de menos esa facultade e sobre todo a súa xente. Seguro q seguirei indo amiúdo de visita

Dende aquí quero dar as gracias a toddos os que me aopoiraron, sobre todo durante estes dous últimos anos, que foron bastante duros. Gracias a todos.

Bueno pois en un par de horas marcho para Valencia, a ver a Nuri e tomarme unhas merecidas vacacions, que a miña neurona necesiao urxentemente...

Vémonos á volta! Portádevos ben

pouco que contar

Publicado o mércores 17 setembro 2008

Bueno pois pouco hai q contar deste finde... O sábado tocou ir ó Santo a pasar frio, bueno, pasar frio no campo da festa, porque nas casetas facia un calorazo.. que na de Freixo ata aire acondicionado tiñan :P (un saúdo pa esa xente que nos sigue anónimamente...)

E o domingo achegámonos ata as festas de Lamas e Louzarela pero nada que salientar.

Vou poñer aquí tamén unha foto da festa de Cedrón que xa foi hai 15 días pero non puiden dispoñer antes dela.

Próximos eventos:

19 - Presentación do proxecto fin de carreira
20 - 25 Viaxe a Valencia
26 - ... buscarse la vidilla


Subín á galería de Setembro unhas cantas fotos panorámicas de Guilfrei q fixen estos dias... E bueno, con motivo da presentación e da viaxe, a próxima semana estará sen actualizar o blog.

Saúdos!


Eiii, q xa me olvidaba!! Este finde Rosiña e eu dedicámoslle esta canción a un par de personajes... Pa nos xa é a cancion do verán jejejeej

festas do santo 2008

Publicado o xoves 11 setembro 2008

Un ano mais estan a piques de comezar as festas do Santo. Eu xa levo tempo sen ir porque setembro sempre foi mala época, por eso dos exames e tal... Ademais o ano pasado penso q coincidira co GP de Estoril... pero bueno, este ano, se todo vai ben, nada impedirá volver a disfrutar desta enxebre festa, e para promocionala, como non me gusta o cartel que fixeron, poño un que fixo un foreiro da web de Becerreá

Tan só recordar que a festa será o 13, 14 e 15 de Setembro en CADOALLA (q nos carteis esta mal escrito xDD)


Biks!

cobertura a topeee

Publicado o sabado 06 setembro 2008

Por finnn os de movistar se estiraron e xa podemos disfrutar de cobertura a tope en Guilfrei..!! que non na parroquia, xa que en Naron siguen con cobertura mínima ou nula... ganaránnos en hectáreas pero a chamar teñen q vir a Guilfrei :P

(É broma, é por facer algo de yaga estos dias...)

Pois xa sabedes, ahora cando veñades a este noso querido pobo podedes facelo sen medo, porque se keredes teredes cobertura para estar disponibles seguido.. se queredes, repito, jejeje.

Saúdos e a disfrutala!!

Un incendio calcina un establo de Becerreá y mata a dieciséis reses

Publicado o xoves 04 setembro 2008

Fuente: El Progreso (02/09/2008)
Dieciséis cabezas de ganado —catorce vacas y dos terneras— murieron ayer a consecuencia de un incendio que calcinó su establo en Tortes (Becerreá), así como el pajar que se encontraba en el piso superior, en el que había unos 130 rollos de hierba seca.[ Máis ]